Sunday 28 de April de 2024

Cambre recupera a figura de Nadal do Apalpador


O Concello de Cambre a través da Concellería de Cultura e Tradicións Populares organiza este nadal a visita do Apalpador co obxectivo de dinamizar as parroquias rurais e os núcleos urbanos. Coa intención de recuperar as tradicións galegas, este Nadal achegarase a cada centro social unha actividade para os nenos entre 0 e 8 anos. Para o desenvolvemento do evento é fundamental a implicación e o apoio das asociacións de cada unha das parroquias. A actividade desenvolvese por medio dun contacontos que interpretará unha personaxe da mitoloxía galega que se preocupaba da alimentación dos nenos e nenas, O Apalpador, que no seu día perdeu protagonismo a favor de Papa Noel, grazas a sociedade de consumo. O Apalpador comeza a súa ruta por Cambre o día 23 de decembro a Barcala, Anceis e Andeiro, continua o luns 28 visitando as parroquias de Cambre, San Lourenzo e Santa María de Vigo. O día 29 percorrerá Sigras, Bribes e Brexo. Finaliza as súas visas visitas a Cambre o día 29 en Cecebre, Pravio e no Temple. O concelleiro de Cultura e Tradicións Populares, Ramón Boga, asegura que unha das súas responsabilidades é recuperar as tradicións populares “e o apalpador é unha delas”.